Amorodo

Conexión para usuarios rexistrados

PRESENTACIÓN

Alimentos Amorodo

A nosa empresa nace como idea no ano 2003, da man de dúas empresarias da comarca da Terra de Montes, Victoria e Yolanda. Despois de asistir a varios cursos de agricultura ecolóxica, e sumando a súa afición polas conservas caseiras, empezan a estudar a idea de emprender un proxecto centrado nestes dous conceptos: “Conservas ecolóxicas”.

 

Pretendían formar unha empresa con vocación de futuro que integrara o fomento por unha agricultura máis respectuosa e eficiente co medio, e ao mesmo tempo colaborar co desenvolvemento do seu pobo.

 

Os anos 2004 e 2005 se adican a concreción do proxecto en forma de estudios previos e na construción e adecuación das instalacións.

 

Tamén neste ano se comeza o ensaio das distintas conservas que logo conformarán a nosa gama. Son anos de traballo cara adentro, poñendo a punto tódolos procesos co obxectivo de asegurar calidade e seguridade no que facemos.

 

Xa no ano 2006 comezamos a preparar conservas para a súa comercialización, facendo uso de toda a experiencia acumulada ate o momento, e comezamos a percorrer toda Galicia para ofrecer o froito do noso traballo en pobos, vilas e cidades.

 

Hoxe por hoxe, traballamos cun bo número de tendas de produtos ecolóxicos, de produtos de calidade, pequenas tendas de alimentación e agrupacións de consumidores e comsumidoras.

¿QUÉ FACEMOS?

Adicámonos á conservación de froitas e hortalizas ecolóxicas en tarros de vidro, e utilizamos para a producción, materia prima de calidade, primando a proximidade da mesma.

Dentro da nosa gama de conservas poderedes atopar catro familias:

  1. As hortalizas ao natural: grelos ao natural, acelgas, feixón verde, tomate triturado, remolacha e coliflor.
  2. As marmeladas e confeituras: de amorodo, laranxa, kiwi, figo e cabaza.
  3. Os postres: a compota de mazá e o doce de marmelo.
  4. Preparados: conservas que se poden utilizar con máis facilidade e rapidez na nosa casa coma o pisto con cabaciño, tomate frito, pemento confeitado e grelos con garavanzos.
  5. Legumes: ata o momento soamente podemos falar dos garavanzos ao natural pero estamos pensando en novas posibilidades.

A utilidade que para nos teñen as conservas é a de ofrecer un produto de calidade fora de temporada e así poder tomar un rico pisto en xaneiro ou grelos en xullo. Outro valor engadido das conservas é o de facilitarnos a tarefa de cociñar cando non temos tanto tempo ou non dispoñemos de produtos frescos.

Conservamos as hortalizas e froitas no seu momento para poder disfrutalas ao longo do ano.

¿CÓMO O FACEMOS?

Poderíase resumir que o facemos con cariño. Non se trata de producir sen control, senón de facer tantas probas como sexan precisas e asegurarnos que estamos facendo algo que vale a pena mercar. E non sabemos facer boas conservas cunha mala materia prima, e aquí radica o noso maior segredo: se temos un bo tomate, faremos unha boa salsa.

Se queremos ter bos tomate, bos grelos e feixóns, se queremos unha laranxa de calidade ou unha remolacha deliciosa, temos que buscalos. Sabemos que temos que agradecer boa parte do noso traballo ao mimo que poñan as labregas e labregos no seu traballo, e tamén ao apoio que nos brindan.

A nosa maquinaria é moi sinxela e a maioría das operacións son manuais: o lavado e seleción, envasado, o peche. Esto aumenta o custe da conserva pero mellora a calidade da mesma, aínda que sempre estamos investigando novas maneiras de facilitar o traballo e facer as cousas un pouco mellor.

Para comercializar as nosas conservas, distribuimos directamente a tendas de toda Galicia, tanto tendas ecolóxicas como non, e tamén a diversas agrupacións de consumo. A acollida foi moi boa e puidemos dispoñer dunha rede de puntos de venda por toda Galicia.

É evidente que non se pode sintetizar toda a nosa actividade nuns poucos párrafos, nin todo o que esperamos do futuro. O que sí podemos dicir é que temos ilusión por mellorar pouco a pouco en moitos aspectos: 1. A colaboración cos produtores e produtoras; 2. Seguir ofrecendo conservas de calidade; 3. Ser capaces de chegar a tódolos puntos da xeografía galega e estreitar as relacións coas tendas; 4. Facer un uso máis eficiente dos recursos e da enerxía.

Esperamos seguir contando coa vosa confianza e apoio. Un saúdo do equipo que formamos Alimentos Amorodo

 

Alimentos Amorodo S.L. | 986 756 214 | info@amorodo.es | 36560 Soutelo De Montes | Forcarei (PONTEVEDRA) | Aviso legal